Blanco, Carmen

Carmen Blanco (Lugo, 1954) é autora de poesía, narrativa e ensaio. Como poeta publicou as mostras da súa obra poética en marcha Estraña estranxeira (2004), Un mundo de mulleres (2011) e Lobo amor (2011). Como narradora publicou a recreación de contos clásicos Vermella con lobos (Xerais, 2004) e a novela patchwork de microrrelatos Atracción total (Xerais, 2008). Como ensaísta publicou os libros Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Carballo Calero: política e cultura (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992), (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007), Uxío Novoneyra, (2009), Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010) e Feministas e libertarias (2010). É autora de moi diversas edicións de ensaio e poesía, como María Mariño (2007) ou, con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias (Xerais, 1976) de X. L. Méndez Ferrín, e Os eidos (Xerais, 1990) de Uxío Novoneyra, e , en solitario, Códice Calixtino (Xerais, 1991) de Luz Pozo Garza ou a mostra bilingüe Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (2004). Publicou numerosas introducións e prólogos, e colaborou en moi variados libros colectivos, xornais e revistas. Co seu nome ou co heterónimo Emma Luaces publicou versións de Safo, José Ángel Valente ou José Agustín Goytisolo, e poemas da serie ?Lobo azul?. Deseñou os libros Tigres de ternura (1981, 1982) de Rodríguez Fer e ilustrou Historia da lúa (1984), Vulva (1990) e A muller núa (1992), así como o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo a


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: